-  

FOTOXOGUETE é un espazo creado en Galicia por persoas vinculadas profesionalmente ao mundo da fotografía. Pretende ser un lugar de encontro de afeccionados e profesionais no que se promova a cultura fotográfica.

FOTOXOGUETE vén de sacar ao mercado unha primeira colección de libros de fotografía que leva por título Fragmentos. No seu catálogo estarán representados tanto autores de recoñecido prestixio coma autores noveis que establezan na súa obra un vínculo coa realidade natural, social e cultural de Galicia. Os libros, en formato de peto (10 x 15 cm), de 32 páxinas, teñen un prezo de 10 €. De cada título farase unha edición única de 1.000 exemplares.

A colección Fragmentos pode atoparse nalgunhas librerías de todo o Estado ou adquirirse directamente na nosa librería online. Se desexas subscribirte á colección (por ciclos de tres títulos) ou estás interesado en recibir información das actividades que organizamos, pódeste poñer en contacto con nós no enderezo de correo: carlospuga@fotoxoguete.com

En datas próximas, esta páxina inaugurará a súa librería online e poñerá a disposición de todos os usuarios información detallada de cada unha das nosas iniciativas. Agardámoste.

Obradoiro de fotografía FOTOXOGUETE
Oscar Molina
"Detrás da cámara"
Descargar díptico

Tlfno: 629088332